 |
|
Tendo en conta os diversos problemas que poidan xurdir á hora de compaxinar as nosas vidas cos horarios dos máis pequenos da casa, ofrecemos o servizo de Canguros/neneiras a domicilio.
Tras unha selección de persoal rigorosa e depositando a confianza nos nosos traballadores, ofrecemos algo máis que un servizo, ofrecemos tranquilidade aos pais e o respaldo necesario aos nenos.
Adaptamos as nosas prestacións as súas necesidades:
Canguros por horas (mañás/tardes/noites)
Preparación de comidas, merendas e ceas, baño, seguimento de deberes, paseos e xogos dinámicos.
Temos flexibilidade horaria para cubrir as noites, nas diversas ceas ou saídas que poidan ter os pais.
E se está pensando en organizar unha festa de aniversario, unha comunión etc… ofrecémoslle os servizos dos nosos ANIMADORES;
“Organizarán e dinamizarán os vosos actos” |
|
|
|