 |
- Teña unha hxiiene adecuada.
- Sexa coidadoso co secado dos pés, sobre todo entre os dedos.
- Hidrate diariamente os seus pés para evitar que a súa pel se seque e agrete.
- Nunca aplique a crema hidratante entre os dedos.
- As uñas deben cortarse sempre en liña recta. O corte correcto das uñas prevén as uñas encarnadas.
- Non trate de manipular vostede mesmo os callos e durezas, o uso de material non estéril pode provocarlle unha infección.
- Use calcetíns de fibras naturais (la, fío, algodón).
- Utilice zapatos que se axusten ben ao seu pé, sen apretar, e que sexan cómodos, deixando espazo para que os dedos descansen en posición natural.
- Merque os zapatos á última hora do día, cando os pés están máis hinchados.
- Os zapatos novos deben empezar a usarse pouco a pouco, para evitar rozaduras.
- Nunca use zapatos prestados nin herdados.
- Ante calquera molestia nos seus pés acuda ao podólogo, este poderá diagnosticar e tratar a súa doenza.
|
|
|
|